viernes, 29 de enero de 2016

Segunda parte da entrevista Claustroman.

Ourense é fonte de sabedoría ancestral e modernidade artística. Cres que coñecemos minimanente o noso patrimonio? Inda máis, ti ves que nos chuleemos como galegos del?

Eu vexo que a xente ten inquietudes culturais e tenta visitar eses recunchos tan fantásticos que temos e que por diversos motivos nos sabemos promocionalos como deberían ser. Dáme moita mágoa que gran parte dos visitantes consideren Ourense coma unha cidade de paso cando en realidade ofrece tanto. A reapertura do claustro fixo moito ben ó turismo e está cambiando a impresión que tiñan de nós. Non creo que sexamos chulos pero deberíamos potenciar aínda máis o noso, eu vexo que moitos van a Santiago cando temos nesta maravillosa provincia unhas igrexas fantásticas, unha paisaxe espectacular, unha gastronomía única no mundo e a bondade das nosas xentes. O tema termal xa é un clásico nos turistas, moitos o descubriron no programa de televisión Un país para comérselo cos dous lambóns Echanove e Imanol Arias.


Esta tempada fóra do claustro aumentou o tempo das túas inquisicións na busca de obras ocultas do cine patrio. Que títulos che costou máis atopar?

Pois, sobre todo, títulos entre os anos 1978 e 1982. Destacaría “Más allá del terror” de 1980 obra do realizador Tomás Aznar sobre uns maleantes que por cousas do destino refúxianse nunha antiga igrexa que esconde un profundo e increíble secreto.

Tamén destacaría “El monte de las brujas” de 1972, extraña película moi ben valorada en Estados Unidos e “La cruz del Diablo” de 1975 basada en relatos de Becquer.


Poblan os teus pesadelos cegos cabaleiros herexes ou son, máis ben, amiguiños terroríficos cos que pasalo ben?

Son uns amiguiños xeniais que non te fallan, moitas veces, cando un está enfadado ou fastidiado pensa que se os chamara para darlle un bo susto a alguén co merece sería a mellor acción do día, jeje. Pesadelos non pero o principio soñaba cos capiteis o non estar acostumado a velos tantas horas no día, á súa maneira me falaban e dábaste conta que non hai unha soa interpretación senón que todo é respetable e ahí radica o seu encanto.


Moito temos mirado cara o pasado pero, a día de hoxe, ti apostas por algún autor, na arte que sexa, que transmita o terror e faga voar a fantasía?

A nivel nacional destacaría Carlos Sisí autor da saga “Los Caminantes”, o noso artistiña Manel Loureiro con “Apocalipis Z” inda que agora abarca outros campos pero segue enganchando ós lectores co seu estilo directo e sinxelo, Vicente García con “Apocalipsis Island”, Víctor Conde con “El código de las brujas”, Javier Cosnava con “ Zombies de Stalingrado”,  Juan Miguel Fernández con “El jardín impío” e varios máis pero que agora non me saen.


Segues guiando en visitas claustrais?

Si, sempre que mo pidan e avisen con antelación fágoo encantado. O claustro forma parte da miña vida e en cada visita sempre atopamos un aspecto novo ou curiosidade. En verán fixen unhas cantas e tan pronto me recupere farei algunha para un grupo de xubilados.


Confesa, na túa biblioteca hai algo que non meta medo?

Pois claro que sí, nestes días estou lendo varios libros sobre o camiño de Santiago, un pouco de Walking Dead, teño pendente un tomo de Juego de Tronos, un tratado da Inquisición e unha novela sobre nazis… De todo un pouco, jeje

No hay comentarios:

Publicar un comentario